Vimianzo acolleu o acto de entrega dos diplomas e distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino

2 minutes read

A cita, organizada por Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), co apoio da institución provincial e Turismo de Galicia, recoñeceu 33 entidades distinguidas no ciclo 3 da anualidade 2025.

Neste acto interviron a alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez; o presidente da CMAT e alcalde da Laracha, José Manuel López; o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles; o presidente da APTCM, Pepe Formoso, e o director de Autoxiro, Emilio Cuíñas e o vicepresidente da Deputación da Coruña e responsábel da Área de Turismo, Xosé Regueira.

As entidades distinguidas pertencen a diferentes ámbitos da oferta turística da comarca, entre eles hoteis e apartamentos turísticos, empresas de turismo activo, aloxamentos rurais, museos e centros de interese turístico visitábel, albergues, oficinas de información turística e turismo de benestar, nunha distribución equilibrada por todo o territorio.

O proceso de formación, asesoría e avaliación deste ciclo 3, desenvolvido desde setembro de 2025, permitiu incorporar 33 novas entidades ao proxecto, que se suman ás 32 entidades do ciclo 2 elevadas previamente pola Mesa de Calidade ao Comité de Distinción. A Mesa de Calidade da Costa da Morte está integrada pola Xunta Directiva da CMAT, o xestor SICTED, Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña.

O programa terá continuidade durante 2026 cunha nova convocatoria, co obxectivo de seguir ampliando a participación e avanzar na incorporación progresiva de toda a cadea de valor do turismo da Costa da Morte.

Relación de establecementos distinguidos:

Oficina de Turismo de Caión (A Laracha)
Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte (A Laracha)
Turismo Rural O Xastre de Anos (Cabana de Bergantiños)
Oficina de Turismo de Carballo (Carballo)
Balneario de Carballo (Carballo)
Casa Rural Mar de Queo (Carballo)
Mar de Preciosa (Camariñas)
Refuxio do Náufrago (Camariñas)
Oficina de Información Turística de Carnota (Carnota)
Hotel Faro de Lariño (Carnota)
Oficina de Información Turística de Cee (Cee)
As Heiras Hotel (Cee)
Atlantis Adventure (Cee)
Museo da Pataca (Coristanco)
Oficina de Información Turística O Ézaro (Dumbría)
AdventurÉzaro-KayakÉzaro (Dumbría)
Hotel Bela Fisterra (Fisterra)
Hotel Semáforo de Fisterra (Fisterra)
Oficina Municipal de Información Turística de Laxe (Laxe)
Museo do Mar (Laxe)
Hotel Playa de Laxe (Laxe)
Centro de Artesanía e Tradición (CAT) (Malpica de Bergantiños)
Casa da Vasca (Malpica de Bergantiños)
Casa Castiñeira (Muxía)
Albergue Bela Muxía (Muxía)
Apartamentos Touriñán Mar (Muxía)
Casa de Trillo (Muxía)
A de Loló Aloxamento con encanto (Muxía)
A Casa da Canle (Vimianzo)
Casas da Fontenla CB (Vimianzo)
Castelo de Vimianzo (Vimianzo)
Torres do Allo (Zas)
Hotel Rústico Casa do Vento (Zas)