0
Trátase dunha proba puntuable para a FIA Eco Rallye Cup e o Campionato de España de Enerxías Alternativas, que reúne 57 equipos participantes.
Neste caso, Vimianzo foi área de agrupamento e neutralización da proba, e os participantes tiveron tamén a oportunidade de achegarse a un dos seus recunchos máis singulares: o Miradoiro da Furna do Sapo, en Cereixo.
O concelleiro Miguel Pérez foi o encargado de recibir os participantes ao seu paso pola vila soneirá.
Unha iniciativa que combina mobilidade sostible, deporte e territorio, permitindo descubrir e poñer en valor a paisaxe de Vimianzo e tamén do resto da Costa da Morte.
