Vimianzo pon en marcha unha nova edición do programa Concilia no Nadal para a rapazada de entre 3 e 12 anos

1 minutes read

Trátase dunha proposta do Concello para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares e ofrecerlles ás crianzas un espazo de lecer, diversión e convivencia e así gocen dun Nadal cheo de xogos, actividades e momentos compartidos.

As actividades están pensadas para a rapazada de entre 3 e 12 anos e desenvolveranse os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 7 de xaneiro no pavillón municipal.

O horario será de 10:00 a 14:00 horas, aínda que tamén se ofrecerá un servizo de madrugadores de 8:00 a 10:00 horas para aquelas familias que o precisen (con prazas limitadas e presentación de xustificante).

O conxunto de días terá un prezo de 30 euros, aos que haberá que sumar 10 máis no caso de empregar o servizo de madrugadores.

As persoas interesadas poderán inscribirse antes do 15 de decembro na Casa da Cultura.

Desde o Concello aseguran que se trata de actividades “fundamentais” para moitas familias “ao facilitar a conciliación laboral de moitos pais e nais”. Ademais, destacan que é “unha gran oportunidade para que a rapazada continúe aprendendo ao tempo que goza de actividades diferentes con outros nenos e nenas”.