Visitas guiadas por Camariñas

O Concello de Camariñas organiza visitas guiadas pola vila mariñeira os días 25, 26 e 27 de setembro. As prazas son limitadas a 10 persoas por saída e será necesaria a inscrición no Punto de Información Turística de Camariñas no teléfono 981 737 204 ou no enderezo electrónico turismo@camarinas.net. Os e as menores de idade deberán estar acompañados dun adulto.
Deberase levar mascarilla e respectar as normas de distanciamento. É unha actividade gratuíta na que poden participar visitantes e veciñanza. Descubrirán a historia e detalles do casco histórico de Camariñas. E as persoas residentes teñen a oportunidade de compartir experiencias e coñecementos sobre o seu lugar de residencia.