Vivo e Zeiss levan a fotografía profesional aos smartphones

1 minutes read

Vivo e Zeiss xuntáronse para traballar en mellorar a calidade fotográfica dos dispositivos móbiles da marca. Grazas a Imaging Lab, o novo laboratorio no que traballan as compañías, están a tratar de alcanzar un deseño óptico avanzado que permita alcanzar niveis de fotografía profesionais. Para levar a cabo este cambio radical, están a seguir unha serie de pasos que acheguen o obxectivo. Trátase dunha ferramenta desenvolvida por ZEISS para deseñar lentes de cinema e fotografía de gama alta. Esta técnica está a traballarse para que tamén poida levar o deseño de imaxes profesionais aos smartphones. As novas lentes de Vivo se modelan para probar o seu rendemento, algo que permite que os novos sistemas de cámara se póidan refinar para alcanzar a maior resolución nas imaxes dos teléfonos móbiles. Grazas á nanoestructura coa que conta esta tecnoloxía de Zeiss, lógrase que a superficie de vidro sexa case invisible, algo que permite que se poidan reducir os reflexos para que a calidade de imaxe poida ser máis clara e cunha maior calidade e contraste. O obxectivo final da colaboración é dotar aos smartphones de Vivo do carácter e a calidade das lentes de Zeiss, logrando reunir os aspectos positivos dos equipos de traballo de ambas as compañías para alcanzar un nivel de calidade na fotografía nunca antes visto no sector dos teléfonos móbiles intelixentes.