Vodafone apagará en breve a súa rede 3G, que servirá para mellorar o 4G e 5G


O 3G xa facía tempo que estaba no punto de mira, e finalmente vai ser Vodafone o primeiro operador en desfacerse del en España. Mentres continúa a expansión do 5G por todo o territorio, tras o apagado do 3G, a rede 4G de Vodafone pasará a ser a principal rede de datos á que poderán conectarse os usuarios (cobre o 98% da poboación), mentres que o 2G seguirase mantendo para poder facer chamadas (entre outras cousas) a quen non dispoñan de voLTE. Pero os usuarios deixarán de ver nos seus teléfonos o símbolo H de cobertura (ou 3G) ao falar e navegar. Vodafone xa levou a cabo varias probas piloto para o apagado do 3G nalgunhas poboacións, pero será a partir do 7 de novembro cando oficialmente comeza o apagado do 3G por toda España, e culminará ao longo de 2023. Os usuarios afectados polo apagamento serán informados en caso de ter unha SIM antiga 3G, un móbil 3G ou ambas as cousas, para que actualicen a súa situación no prazo dun mes se queren utilizar servizos de datos, e así renovar a SIM gratuitamente, ou cambiar o smartphone cunha ‘oferta especial’. O motivo do apagamento é liberar totalmente o espectro radioeléctrico utilizado polo 3G e así poder aproveitalo para outras redes máis eficientes.