A educación dos peques da casa é algo que hai que tomarse en serio, sobre todo se queres inculcarlles unha afección pola programación ou a tecnoloxía. A programación non só é crear programas nun futuro, ten elementos de matemáticas, razoamento, creatividade e fomenta o desenvolvemento de ideas. Osmo ten xogos deseñados neste ámbito para os máis pequenos da casa e funcionan con tablets como iPad ou as Fire HD de Amazon. Para eles non serán máis que xogos nunha tablet que se combinan con fichas físicas para seguir ao seguinte nivel, pero estarán a aprender fundamentos das matemáticas ou de creatividade como debuxar. Son xogos que están pensados para nenas e nenos de entre 5 a 10 anos e que requiren unha tablet como un iPad ou unha tablet de Amazon. Contan cunha base para suxeitar a tablet e un espello que se pon encima da cámara frontal para que a app poida ver as fichas que se poñen diante.