Xuntos Carballo pide ao goberno local que inicie xa as melloras nos parques infantís

Xuntos Carballo

  • As obras en varios parques foran anunciadas en febreiro.

Xuntos Carballo M+J solicita ao goberno local que realice canto antes todas as reformas previstas no plan de melloras das instalacións de varios parques infantís. O pasado 18 de febreiro dábase a coñecer nalgúns medios de comunicación que se acondicionarían, por un total de 650.000 euros e dos que a Deputación da Coruña achegaría uns 551.000 euros, os parques da Praza do Concello e o da Milagrosa, ademais do situado no barrio do Chorís e o da Praza do Hospital con cargo, neste caso, ás arcas municipais.

Desde a formación municipalista piden ao equipo de goberno que cumpra coas súas promesas xa que sinalaran que as melloras poderían verse completadas en poucos meses.