Zas | O local social de Fornelos acolleu a presentación do proxecto «O cabazo da memoria»

1 minutes read

O acto estivo organizado coa colaboración da Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos, unha iniciativa que parte do alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema (Baio), coordinado polos profesores Fina Paulos e Óscar Rey, e céntrase na recuperación da memoria histórica local a través do uso da Intelixencia Artificial.

Para o desenvolvemento do proxecto, o alumnado traballou con fotografías antigas recompiladas no libro «Imaxina Fornelos», editado pola Asociación A Fonte de Fornelos, que colaborou activamente achegando material histórico e coñecemento da memoria local.

Dende o Concello de Zas poñen en valor o traballo do alumnado e do profesorado, así como agradecen á veciñanza de Fornelos e á súa asociación a implicación e colaboración nesta iniciativa que une educación, innovación e memoria colectiva.

Felicitan tamén ás persoas poñentes e ao alumnado participante por un novo éxito educativo. En especial, parabéns a Fina Paulos Lareo, profesora no IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas), recentemente recoñecida co primeiro premio nos Premios a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do Alumnado 2025, concedidos polo Ministerio de Educación.

Un proxecto que demostra como a cooperación entre centros educativos e tecido veciñal pode dar lugar a propostas de grande valor cultural e social, conclúen.