A cita será o venres 26 de xuño, de balde na Praza do Concello de Carballo, dentro do programa das festas do San Xoán 2026.
Tras o nome artístico de 9Louro atópase Martín Louro (Louro, Muros, 2004) que, desde o lanzamento do seu primeiro LP, Nove Noves, non deixou de gañar adeptos, consolidándose como un dos artistas galegos máis prometedores do panorama actual.
Tras esgotar en 30 minutos a Sala Capitol de Santiago coa presentación do seo último álbum, 9Louro confirma o que xa é evidente: hai un fenómeno en marcha.
Amorrer, o seu segundo álbum, reúne 14 temas que mesturan trap, electrónica e influencias orgánicas nun son propio, producido xunto a Yuly. Un traballo intenso sobre o amor, a perda e a identidade xeracional, co galego como selo e forza expresiva.![]()
No directo, 9Louro leva todo un paso máis alá: música, iluminación e narrativa visual únense nun show inmersivo que xa está conquistando salas e festivais por toda Galicia.
