- Un total de 17 detidos e máis de 200 Policías feridos.
Máis de medio millón de persoas, segundo a Garda Urbana, concentráronse este venres no paseo de Gràcia de Barcelona, moitas delas vidas a pé de diferentes puntos de Cataluña, para protestar contra a sentenza do ‘procés’, nunha xornada que termina de novo con graves disturbios nas rúas. Por quinta noite consecutiva «grupos organizados», aproveitaron a escuridade para queimar contedores e lanzar pedras, bengalas e petardos contra as forzas de seguridade. Tras a manifestación pacífica contra as condenas impostas polo Tribunal Supremo español aos líderes independentistas, a xornada de folga terminou con diversos puntos da capital catalá envoltos nas chamas das barricadas. Un total de 77 persoas resultaron feridas este venres nos enfrontamentos coa policía protagonizados por grupos violentos, a maioría deles, 52 en Barcelona, segundo os datos facilitados polo Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) ás once da noite. A Policía Nacional e os Mossos d’Esquadra dispersaron aos manifestantes indepedentistas que mantiveron altercados ata a media noite na zona da praza Urquinaona de Barcelona. As barricadas e as fogatas desprazáronse ao paseo de Gràcia e á Gran Via. Os Mossos empregaron esta noite por primira vez en Cataluña a tanqueta de auga en diversas zonas para apagar as barricadas e abrirse paso entre os manifestantes.