Deportivo – Ponferradina (2-1)

0 minutes read

O Deportivo sumou a súa segunda vitoria consecutiva ante a Ponferradina (2-1) e tres puntos vitais na loita pola salvación despois dun encontro que mereceu gañar na primeira parte. Non fixo nada para empatalo na segunda, e acabou remontando sobre a bucina tras dous goles dunha fortuna que tantas veces foi esquiva. Correu a banda Fernando Vázquez nunha imaxe que o di todo.