A alcaldesa de Vimianzo e o subdelegado do Goberno na Coruña presidiron a Xunta Local de Seguridade

1 minutes read

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o subdelegado do Goberno na Coruña,Julio Abalde, presidiron este martes a Xunta Local de Seguridade para coordinar os mecanismos de vixilancia necesarios de cara ás festividades estivais.

A alcaldesa de Vimianzo destaca a máxima colaboración entre Garda Civil e Policía Local para garantir a seguridade nos principais eventos festivos e deportivos do concello, así como a situación da seguridade cidadá e a atención á violencia de xénero.

Desde o Concello destacaban a boa coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o correcto desenvolvemento de citas tan importantes como o “Asalto ao Castelo”, a “Faguía da Carnes”, as festas de Carantoña e a Festas do Verán, ademais do operativo previsto para a final da Copa da Costa.

O subdelegado do Goberno na Coruña puxo en valor esta colaboración entre corpos de seguridade e salientou os bos datos de seguridade de Vimianzo.

Desde o Concello concluían que seguen a traballar pola seguridade e a boa convivencia en todos os seus eventos.