A CMAT e o sector do autocaravanismo reuníronse en Camariñas

1 minutes read

A CMAT e o sector do autocaravanismo reuníronse este xoves en Camariñas na procura dun modelo común para a Costa da Morte.

O obxectivo da xuntanza, na que participou o alcalde da Laracha como presidente de CMAT, José Manuel López Varela, e tamén a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, era analizar a situación actual do turismo de autocaravanas na Costa da Morte e avanzar cara unha postura común entre os distintos concellos do territorio.

O encontro serviu como primeiro punto de partida para revisar a relación da Costa da Morte co turismo de autocaravanas e analizar posibles vías de mellora adaptadas á realidade territorial dos 17 concellos que integran a CMAT.