A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este martes co patrón maior da confraría de pescadores de Corcubión, Urbano Suárez, no marco da rolda de contactos que está a levar a cabo cos distintos axentes socioeconómicos do sector en aras de afondar no impulso da competitividade e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira.
Neste senso, e dado que os pósitos son “instrumentos esenciais para a vertebración do litoral e a promoción dun aproveitamento responsable dos recursos mariños”, Villaverde animou ás entidades a acollerse ás convocatorias de axudas que a Consellería pon en marcha co obxectivo de “contribuír a mellorar xestión e conservación dos produtos do mar”.
Cunha facturación de 3,2 millóns de euros no 2025 e coa comercialización de 1.717 toneladas de produto, a confraría de Corcubión consolídase como un dos referentes da actividade pesqueira na Costa da Morte grazas á combinación da pesca artesanal e das capturas de cerco. Saúdos