A Deputación provincial da Coruña, a través da área de Benestar Social que dirixe a deputada provincial María del Mar García Vidal, concedeu en 2026 á asociación Vieiro dúas axudas por un importe total de 7.168,64 euros.
Estas subvencións foron outorgadas dentro de dúas convocatorias. A primeira das axudas concedeuse a través da convocatoria FOAXE, destinada a programas de apoio ás familias e prevención de colectivos de menores e mocidade, que se desenvolven en colaboración con centros de atención a persoas con adiccións, actividades transversais e información – sensibilización. Dentro desta liña, Vieiro presentou á convocatoria o seu programa de prevención de condutas adictivas con novas “ODISEA”, que recibiu unha subvención de 6.294,08 euros.
A segunda axuda foi concedida dentro da convocatoria FOIE, destinada a subvencionar investimentos. Neste caso, Vieiro destina a achega á adquisición de material informático necesario para o servizo de atención e asesoramento, e para a impartición de programas de prevención. Esta subvención ascendeu a 874,56 euros.