A empresa carballesa Nauterra foi distinguida co Premio Solidario do Grupo Social ONCE

1 minutes read

Nauterra, antigo Grupo Calvo, foi distinguida co Premio Solidario do Grupo Social ONCE polo seu labor a prol da inclusión laboral, a loita contra a pobreza alimentaria e o apoio a iniciativas sociais e deportivas na comarca.

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, asistiu á gala celebrada no Teatro Colón da Coruña, na que Ricardo Añón Seijas recolleu o galardón en representación da compañía.

A maiores de Nauterra, o Parlamento de Galicia recibiu o Premio Solidario do Grupo Social ONCE polas súas iniciativas a favor da inclusión das persoas con discapacidade. O recoñecemento pon o foco nas medidas que a Cámara incorporou tanto para facilitar o acceso á súa actividade como para promover a integración laboral.

Os premios tamén distinguiron á Asociación STOP, de Vigo, polo seu apoio a persoas con problemas de alcoholismo e a súa campaña «Cada Neno un Xoguete»; a Solidarios cos Maiores, unha iniciativa nada na Coruña que combate a fenda dixital, a soidade non desexada e a perda de atención presencial nos servizos básicos; á científica Marisol Soengas, pola súa investigación contra o cancro e o seu defensa da igualdade de xénero na ciencia.