A FEB comunicou a inscrición do Calvo Basket Xiria para a tempada 2026/27

2 minutes read

A Federación Española de Baloncesto comunicou á Escola Basket Xiria, por medio da Secretaría Xeral, que unha vez revisada a documentación presentada para a inscrición do Calvo Basket Xiria e comprobado por parte da Comisión Delegada que se cumpriron tódolos requisitos esixidos polo Regulamento Xeral e de Competicións, informase que o equipo queda inscrito na LIGA TERCERA FEB Conferencia «A» – Grupo «A-B», para a vindeira tempada 2026/27.

Trala inscrición e depósito do aval ante a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a Escola Basket Xiria iniciaba así o procedo de inscrición, por décimosegunda tempada na TERCERA FEB (antes Liga EBA). Trala histórica tempada pasada, onde o equipo dirixido por Héctor Méndez acabou a clasificación para a Fase Previa de Ascenso, polo que por segunda vez na historia do Club xogouse unha Fase de Ascenso dunha categoría estatal, este ano tocaralle tecer de novo os fios, para conseguir un equipo que poida acadar unha vez máis a permanencia, sen perder a identidade do xogo e implicando a novos xogadores da canteira local, para iniciar unha nova andadura nunha competición estatal organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB).

Nesta tempada 2026/27 a Conferencia “A” da Tercera FEB estará formada por 28 equipos, divididos en 2 subgrupos, sendo o “Grupo A-B” asignado ao Calvo Basket Xiria e resto dos equipos galegos (CB Marín Peixegalego, CB Chantada, CB Culleredo, Santo Domingo de Betanzos, Ulla Oil Rosalía de Santiago, Sigaltec de Vilagarcía e o recén ascendido: Tifón Mobles novobasket. Estarán acompañados polos 3 conxuntos Asturianos: Universidad de Oviedo, Baloncesto Mieres (ascendido) e Circulo Gijón (descendido 2ªFEB), máis outros 2 equipos de Castilla-León: Usal Meins Avenida e Recoletos Salud Salamanca, ademáis do Caja Rural Reino de León.

A competición comezará a primeira semana de outubro, sendo a primeira xornada o 04/10/2026 e rematando, para tódolos equipos, o sábado 17/04/2027. Con anterioridade oa comenzo de Liga, o conxunto carballés xogará a COPA GALICIA 3ªFEB, da que é o vixente Campión, entre os equipos galegos de 3ªFEB, polo que servirá de pretempada, aínda que as datas nos están definidas por parte da FEGABA.