A Laracha contará con Puntos Violeta nos principais eventos festivos deste verán

1 minutes read

Será co obxectivo de reforzar neses espazos a prevención, a sensibilización e a atención fronte a posibles condutas inadecuadas en materias de violencia sexual ou de xénero, polo que o Concello instalará Puntos Violeta nas principais citas.

Cada Punto Violeta contará con profesionais con formación especializada en igualdade, prevención e intervención en casos de violencias sexuais ou de xénero. Entre as súas funcións principais inclúense a sensibilización á cidadanía en xeral e, no caso de posibles vítimas ou persoas afectadas, atención e derivación a servizos especializados.

Os Puntos Violeta instalaranse en formato de carpa e estarán dotados de material informativo e de sensibilización, así como guías de actuación ante situacións de violencia machista e agresións sexuais coa fin de facilitar unha resposta rápida e coordinada. As citas previstas serán os eventos festivos que se desenvolverán durante os próximos meses na Laracha, Paiosaco, Caión, Vilaño e Cabovilaño.

Esta iniciativa municipal está cofinanciada a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e contará tamén co apoio da Deputación da Coruña e da Consellería e Sanidade da Xunta de Galicia.