A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña“Que rule, que rule!”

5 minutes read
  • A iniciativa, que se celebrará o 6 de xuño na Praza do Concello, repartirá máis de 1.500 premios directos e sorteará catro cheques de 100 euros.

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo ultima os preparativos para unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, unha das accións de dinamización comercial máis agardadas do ano e que regresará o vindeiro sábado 6 de xuño á Praza do Concello. Na súa sétima edición, a iniciativa contará coa participación de 61 comercios e coa colaboración de 96
empresas locais, consolidándose como unha das campañas de promoción comercial máis destacadas do municipio.

A gran protagonista da xornada volverá ser a tradicional ruleta dos premios, aínda que nesta ocasión chegará cunha importante novidade: a estrea dunha nova imaxe e dun formato electrónico, máis moderno, dinámico e adaptado aos tempos actuais, elaborada polo artesán carballés Fabian Lage, que deste xeito mestura á perfección artesanía e teconoloxía.
A nova ruleta, de tamaño similar a anterior, funcionará mediante un pulsador que permitirá axilizar o desenvolvemento da actividade, reducir os tempos de espera e garantir un reparto máis rápido e equitativo dos premios.
A pesar desta renovación, a campaña manterá a esencia que a converteu nun éxito de participación ao longo dos anos. Así, a ruleta, que albergará agasallos, experiencias, bolsas CCA e sorteos, permanecerá activa durante toda a xornada, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, e estará acompañada tamén pola xa emblemática ruleta vintage, como un guiño aos participantes máis nostálxicos.

Máis de 1.500 premios directos
As persoas que están a realizar as súas compras desde o pasado día 20 (e ata o 6 de xuño) nalgún dos establecementos adheridos á campaña dispoñen dun boleto por compra, que lles permitirá participar na ruleta instalada na Praza do Concello. Os boletos entregaranse grampados ao ticket ou selados polo comercio correspondente.
Nesta edición repartiranse máis de 1.500 premios directos, entre os que se inclúen ceas, almorzos, sesións de piscina termal, clases de surf, experiencias de aloxamento e almorzo, limpezas bucais, produtos gourmet, xeados artesáns, doces, artigos para mascotas, vales de compra e numerosos agasallos máis. Ademais, a propia ruleta volverá agochar algunha sorpresa especial para as persoas participantes.
Tal e como establecen as bases da campaña e por motivos organizativos, non se permitirán máis de tres tiradas consecutivas por persoa.

Sorteo de catro cheques de 100 euros
Outro dos premios que volverá ofrecer a ruleta será a participación nos sorteos de catro cheques de 100 euros cada un para gastar nos establecementos asociados ao CCA Carballo. Dous terán lugar ao rematar a xornada de mañá e ou outros dous, ao final da tarde.
A campaña conta coa colaboración de 96 empresas locais e co apoio da Fundación Luis Calvo, o Concello de Carballo —a través da Concellería de Promoción Económica e Turismo—, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Neste sentido, a presidenta da entidade Silvana Rama quixo agradecer “a implicación dos 61 comercios participantes e das 96 empresas colaboradoras que fan posible unha nova edición de ‘Que rule, que rule!’. Grazas ao seu compromiso podemos seguir desenvolvendo iniciativas que dinamizan o comercio local e benefician a toda a vila. Animamos á veciñanza a achegarse o sábado á Praza do Concello para gozar dunha xornada chea de premios, sorpresas e ilusión, apoiando ao mesmo tempo o comercio de proximidade”, subliñou.


Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo Xose Regueira fixo fincapé en que “Carballo é unha vila cunha clara vocación comarcal e referencia indiscutíbel do comercio da Costa da Morte. Desta vocación xurde a profesionalidade e o relevo xeracional que se dá no tecido comercial carballés; ademais da alta implicación que ten o sector nas campañas que se programan”, mentres que o Alcalde Daniel Pérez destacou que “esta campaña demostra a vitalidade e a capacidade de unión do noso tecido comercial. O Concello estará sempre ao lado de iniciativas que fagan de Carballo un pobo vivo, dinámico e atractivo para a veciñanza e os visitantes”.


Desde o CCA tamén quixeron agradecer a inestimable colaboración da Brigada Municipal de Obras nos traballos de montaxe e desmontaxe do stand. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Mercado Municipal.


Comercios participantes
A Fragua, A Saia de Carolina, Adega O’Lagar, Akira Moda, Aloe Herboristeria, Anxaima, Atelier, Atmosfera Sport, Avanty Publicidade, BeCool, Benetton, Buy&Sell, Calzados Susa, Cenor, Centro de Estética Purificación Lema, Clarión libraría, Cristina Morgade, Comercial Queijo, Confitería San Luis, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doce Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Ferretería Arán, Floreria Taibo, Florida Centro Joya, Informatica Valem, Jorge Moda, Joyerias Rafa Vila, La Casita de Lu, Lencería-Mercería Mª Jose, Lenda, Madeixalazos, Maker Store by AllKnow, MaloSerá Carballo, Maluca Lobe, MisterNutrición, Moda Súarez, Muebles Fuentes, Multiópticas, Mmmm!Xeados, O Barco dos Soños, Óptica Enriquez, Orange Carballo, Refugallo Zero, Restaurante-Parrillada A Lareira, Retoños, Sweet Spirit, Teiron home, Teiron muller, Teiron neno/a, Teiron surf, Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Xoguetería Merliño, Zapatilleria Isabel, Zocas e Zuccaro.

Empresas colaboradoras
A Boa Estrela, A Fragua, A Saia da Carolina, A Xamonería, Adega O’Lagar, Akira Moda, Aloe Herboristería e Estética, Anxaima Tiempo Para Quererte, Artsurfcamp, Asador Pedra Furada, Autoservicio Familia, Avanty Publicidade, Balneario Carballo, Barbería-Perruquería Beni, BeCool, Benetton, Bodegas Carballo, Buy&Sell, Café Colón, Café-Bar Ranqui, Cafés Lúa, Cafetería A Milagrosa Fórum, Cafetería Carty, Cafetería Mercado, Cafetería-Panadería Narúa, Calzados Susa, Cangatiño, Carnicería Alfredo, Casa Francisco, Ceibo Café de Especialidad, Cenor, Centovintanove, Chocolates Mariño, Clarión Librería, Clínica Dental Pico Blanco, Comercial Queijo, Cristina Morgade, Confitería Sanluis, D&A Complementos, Dequip, Doces Soños, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Espazo Nature, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Forno Novo Panadería, Froiz Supermercados, Fundación Luís Calvo Sanz, Gadis, Garrapiñadas Juan y Paty, Informática Valem, Jorge Moda, La Casita de Lu, Lencería-Mercería Mª José, Lenda, Madeixalazos, Maker Store by Allknow, Maloserá, Malucalobe, Mesón A Cabaña, Misternutrición, Mmmm! Xeados, Modas Suárez, Muebles Fuentes, O Barco dos Soños, O Larpeiro Xeadería, O Mexillón, Oito Bar, Óptica Enríquez, Orange Carballo, Ortodix, Panem Panadaría, Panignacio Panadaría, Parrillada A Lareira, Päua Surf, Kite & Explore, Pizzería Vesubio, Pulpería e Catering Porta, Purificación Lema Centro de Estética, Refugallo Zero, Restaurante Albaroque, Restaurante
Pementa Rosa, Retoños, Río Sil Asador, Sanbrandán, Stars Café, Tasca A Pedra, Teirón, Todolar, Upa! Espazo Barefoot, Valle Inclán Café, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel, Zocas e Zuccaro.