A Sarriana asaltou As Eiroas no minuto 7 cun gol temperán de Tomas Berardozzi, 0-1

1 minutes read

O Bergantiños xogaba este domingo tres puntos moi importantes para aferrarse definitivamente á categoría, pero a Sarriana chegaba a Carballo nunha situación similar e terminou levándose o partido cun gol temperán no minuto sete de xogo a cargo do defensa Tomas Berardozzi, tras unha deixada de Millán. O Bergantiños tentou apertar e tivo algunha que outra oportunidade para marcar gol tras unha boa actuación de Iago Novo. Logo do descanso, a Sarriana apostaba pola entrada de Hugo Villaverde por Santi Gegunde e ambos os equipos loitaban por conseguir o dominio, pero non lograban contactar coas súas referencias ofensivas. O meta visitante, Fernando, tamén tivo o seu día, con grandes paradas. A Sarriana soubo sufrir e conseguiu sacar unha vitoria que vale o seu peso en algo máis que ouro. Con este resultado, A Sarriana de Dani Giménez dá un paso de xigante para a permanencia, mentres o Bergantiños debe seguir pelexando para conseguilo nos poucos partidos que lle quedan xa á categoría.

Ficha Técnica

0.-Bergantiños: Santi Canedo; Asier Grande, Fito, Nacho Pastor, Sola; Diego (Frank, min.83), Tass, Koke (Javirro, min.71), Iago Novo, Álex Pérez (Pedro Lima, min.57); y Darío Germil. 
1.-Sarriana: Fernando; Berardozzi, Iago Parga, Maycon (Iago Díaz, min.71), Piay; Álex Millán (Iker Escudero, min.90), Keko (Ju, min.67), ¡ Vilán, Freire (Boedo, min.67); Edu y Santi Gegunde (Villaverde, min.46)
Gol: 0-1, min.7: Berardozzi
Árbitro: Daniel Pastoriza Iglesias. Amonestou a Tass, Boedo y Vilán.
Incidencias: Partido disputado en As Eiroas