0
A entidade emitía un comunicado informando de que «o barco xa ten capitán e non pode ser máis da casa». É veciño do concello de Coristanco e por fin esta temporada 26/27 poderá estar na casa.
José Manuel Abelenda Álvarez vén de adestrar as tres últimas tempadas ao Soneira SD logrando o ascenso á Liga da Costa no seu primeiro ano e conseguiu no seguinte meter ao equipo na fase de ascenso.
Anteriormente pasou por equipos como o Bergantiños FC como coordinador e adestrando categorías de rendemento, ou tamén no Xallas na base.