Este domingo 17 de maio, a piscina carballesa do Complexo Deportivo Carballo Calero acolle a 5ª e última xornada do grupo norte da Liga Galega Máster 2025-2026. A competición desenvolverase desde as nove da mañá coa presenza de 15 clubs, Coruña, Casino, Narón, Marina, Hércules, Liceo, As Meigas, Ordes, Ferrol, Hípica, Riveira, Culleredo, Arteixo, Club do Mar e Fogar. Para esta quinta rolda os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros aliñarán un equipo composto por 22 nadadores-as, das cales 7 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. O programa da xornada inclúe as probas dos 100 costas, libres e braza, os 400 estilos, os 50 bolboreta e costas, e a remuda mixta por equipos dos 4×50 libres. Nesta edición da Liga Galega de Natación Máster os da A.D. Fogar están a ocupar a 15ª praza dos 34 equipos que a compoñen.
0