A Xunta colabora co Concello da Laracha na mellora da contorna urbana do CEIP Otero Pedrayo

1 minutes read

Faino a través da concesión dun préstamo que rolda os 115.000 euros, sen xuros, do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, asinou co alcalde, José Manuel López Varela, para o financiamento do acondicionamento do espazo público que rodea este centro de educación infantil.

O convenio rubricado hoxe en San Caetano no marco deste fondo, ten así como obxectivo executar as obras necesarias para mellorar a accesibilidade, seguridade viaria e calidade urbana desta contorna escolar.

Para iso, as intervencións proxectadas polo Concello inclúen como actuacións a renovación de pavimentos, a mellora de accesibilidade, drenaxe, alumeado, mobiliario urbano, sinalización e zonas verdes.

Esta intervención desenvolverase mediante a iniciativa da Xunta que está destinada a financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, dotado con algo más de 3M€. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos.