A Xunta destaca en Carballo a contribución dos GALP á dinamización do litoral galego

1 minutes read

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro participou na inauguración da xornada Medrando polo Mar, organizada polo Grupo de Acción Local Participativo (GALP) Costa da Morte, un encontro centrado no impulso a proxectos e oportunidades que ofrecen estes entes promovidos pola Xunta para a dinamización das rexións costeiras. No acto tamén estiveron presentes Evaristo Lareo Viñas, presidente do GALP Costa da Morte, e Daniel Pérez López, alcalde de Carballo.

“Os Galp son moito máis que unha ferramenta de planificación”, xa que permiten “construír futuro desde o territorio, escoitando ás persoas e transformando ideas en proxectos con impacto real”, subliñou V. Suárez.

A este respecto, a directora xeral lembrou os resultados acadados en Galicia nas convocatorias dos anos 2023, 2024 e 2025, nas que actualmente están en execución 339 proxectos cun investimento global superior aos 45,9 millóns de euros. Desa contía, preto de 25 millóns corresponden a axudas públicas e máis de 21 millóns a investimento privado mobilizado.

Segundo indicou, estes datos evidencian que “cando hai estratexia, hai resposta; cando hai visión compartida, hai confianza; e cando hai acompañamento, hai investimento e oportunidades”.

Finalmente, V. Suárez abordou a importancia deste tipo de encontros para compartir experiencias, xerar colaboracións e seguir avanzando nun modelo de desenvolvemento sustentable e innovador para o litoral galego. “Medrar polo mar é, en realidade, medrar como territorio e medrar como Galicia”, concluíu.