A Xunta licita a demolición dun inmoble ilegal en Fisterra

1 minutes read

A Xunta, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), licita por máis de 310.000€ os traballos de demolición dun inmoble sen rematar e construído de xeito ilegal no Paseo de Corbeiro, en Fisterra.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 12 de xullo.

A APLU ditou resolución declarando ilegalizables as obras consistentes nunha edificación construída sobre un antigo baixo con destino a vivenda plurifamiliar, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, carecendo da preceptiva autorización. Neste sentido, ordeouse a súa demolición por parte dos interesados.

Ante a falta de cumprimento voluntario da resolución, a APLU acorda a execución forzosa da mesma mediante a súa execución subsidiaria a costa dos obrigados.

A intervención forma parte do labor da Xunta para garantir o cumprimento da normativa urbanística e a protección do territorio, especialmente en ámbitos de especial valor ambiental e paisaxístico.