A Xunta promociona en Mazaricos como atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural

1 minutes read

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou este sábado nunha nova xuntanza dos participantes no proxecto Fixar, unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Cultural Sende para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural. Esta rede integra os espazos de coliving de Sende (Lobeira, Ourense), Anceu (Ponte Caldelas, Pontevedra) e iSlow (Laxe, A Coruña) e ten como obxectivo fomentar o intercambio de experiencias e o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras que contribúan á dinamización do territorio.

Mariño subliñou a importancia destas xuntanzas para visibilizar o potencial do modelo coliving, que se está a consolidar como unha ferramenta eficaz para promover o emprendemento fronte a desafíos como o reto demográfico e a falta de remuda xeracional no rural. A este respecto, destacou que o programa se consolidará coa nova edición de 2026 na que se están a activar as primeiras estadías nos diferentes espazos da rede.

‘Camiño do emprendemento musical’ en Muxía

Previamente, a directora xeral achegouse ao camping Lago-Mar de Muxía, onde se están a desenvolver as Xornadas de convivencia e formación na industria musical, enmarcadas no programa Camiño do emprendemento musical, organizado por Wake Up co apoio da Xunta.

O evento reúne profesionais e persoas mozas interesadas en explorar as oportunidades laborais e de emprendemento vinculadas á industria musical e aos eventos culturais, arredor dunha completa programación orientada a promover novas oportunidades de desenvolvemento laboral e autoemprego neste sector.

Así, ao longo da tarde están previstas sesións sobre psicoloxía e saúde mental na industria electrónica, iniciación ao desenvolvemento de carreira artística e obradoiro de DJ.