A Xunta salienta o compromiso do Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso coa igualdade e a convivencia nas aulas

1 minutes read

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, coñeceu este venres de primeira man os proxectos desenvolvidos polo Colexio Eduardo Pondal de Ponteceso, no marco do programa Centros Referentes impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP para fomentar a inclusión e o reforzo das competencias académicas do alumnado.

A representante da Xunta de Galicia destacou o compromiso deste centro escolar e o labor que está desenvolvendo no que atinxe á inclusión e ao fomento da igualdade nas aulas a través de accións específicas. Conta, ademais, cun auxiliar de conversa para reforzar a destreza en idiomas do seu alumnado, participa no programa Plambe de mellora de bibliotecas escolares, no E-dixgal e no Plan Proxecta a través de iniciativas de vida activa e deportiva.

O programa Centros Referentes e unha das seis liñas de acción do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, a estratexia do Goberno autonómico para a modernización e consolidación do ensino. A través del, desenvólvense proxectos en oito ámbitos de mellora que son a competencia matemática, a competencia lectora, a inclusión, a convivencia, o benestar emocional, a igualdade, a internacionalización e a sustentabilidade. O obxectivo disto é que poidan influír positivamente noutros centros similares e converterse en exemplos de boas practicas promovendo actuacións e metodoloxías que poidan ser replicadas e adaptadas por outros centros.