Acción de protesta e sensibilización este venres en Baldaio polo estado da ría

1 minutes read

A ría de Baldaio está a morrer e a administración responsable mira pra outro lado. O peche actual impide a entrada de auga salgada, cortando o intercambio mareal necesario. O resultado pasa a ser un ecosistema en grave deterioración, mortandade de marisco, peixes e destrución da fauna e flora. existente na zona

​O vecindario das parroquias limítrofes de Noicela e Rebordelos afirma que «non se pode permitir que este espazo se perda». Por elo, convocan unha queda simbólica na ponte da ría de Baldaio para esixir solucións inmediatas para a súa reapertura e garantía de futuro.

​A cita será este venres, 17 de xullo, ás 20:30 horas na ponte da ría de Baldaio.

Os convocantes piden aos asistentes levar unha pa de plástico de xoguete, para facer un acto simbólico colectivo simulando que retiran entre todos a area que bloquea a ría.

​»A nosa ría precisa da nosa voz e da nosa acción, agardámoste alí, non faltes, conclúen na súa chamada.