Acto de graduación en Baio do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Maximino Romero de Lema

0 minutes read

Este 17 de maio, no IES Maximino Romero de Lema, celebrouse a festa de graduación de 34 alumnos/as de 2º de Bacharelato. Noa Espasandín e Alex Muíño foron os encargados/as de conducir o acto, e Claudia Lema e Miguel Vázquez interviron cuns emotivos discursos cargados de anécdotas e vivenzas.
Unha celebración moi emotiva, festiva e alegre; na que houbo actuacións musicais por parte de Noa Espasandín e de Alba Mourelle; entrega de agasallos; risas; bágoas…..e que rematou cuns pinchos de confraternidade para pechar esta data tan sinalada para toda a Comunidade Educativa.