Adeus á antiga Cámara Agraria de Carballo

1 minutes read

Despois de décadas de abandono e numerosas reclamacións, a demolición do edificio da avenida da Milagrosa xa é unha realidade. A desaparición deste inmoble, construído nos anos 50, permitirá eliminar un importante foco de deterioración urbana e abrir novas posibilidades para mellorar a contorna da Milagrosa. O Concello de Carballo concedeu a licenza de demolición no mes de marzo e a Xunta de Galicia, propietaria do edificio, é a encargada de executar a demolición. Un paso máis para recuperar espazos públicos e seguir mellorando os barrios carballeses.

Na mañán deste venres a empresa Demoliciones Coruña comezaba os traballos de demolición pola segunda e última planta deste edificio en ruinas. Á última hora da tarde xa só queban escombros dentro da planta baixa. En breve será historia. _Vídeo jmc.