25
Durante toda a fin de semana Adif traballou para corrixir o incomprensible: optar por despexar a vía guindando os vagóns ao río. A Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil autorizaron o operativo esixindo a máxima protección ambiental. Utilizaron dous guindastres de oitenta toneladas para retirar os vagóns. Parte deles despezáronse sobre as vías. É o que queda do tren de mercadorías que descarrilou en Carballeda de Valdeorras o vinte e oito de xullo cando se dirixía a León. Desde entón a circulación na liña Ponferrada-Monforte está interrompida.