Afaber dá comezo a súa Escola de Verán, unha nova actividade de envellecemento activo

1 minutes read

Este novo proxecto que lanza a entidade ten como finalidade o desenvolvemento de actividades lúdicas que favorezan a participación social, o benestar emocional e físico e a ocupación saudable do tempo libre dos adultos. Desta maneira, preténdese crear tecido social e fomentar a interacción entre iguais, prever a soidade non desexada creando espazos de encontro, fomentar a estimulación cognitiva e desenvolver a creatividade.


O primeiro dos encontros terá lugar o mércores 5 de agosto no local de Afaber (Lugar Mirón nº24, en Bértoa) en horario de 10 a 11:30h, e tratará o uso dos smartphones.
Nela preténdese que, mediante un pequeno acercamento aos teléfonos móviles, as persoas asistentes aprendan a usalos con confianza e saber resolver xestións diarias como solicitar e anotar citas, utilizar o navegador, consultar o calendario, sacar fotos, vídeos, etc.


A sesión será impartida pola educadora social da entidade, Mónica Martínez. As prazas serán limitadas e terán un custo de 5€ para as persoas non socias da entidade, mentras que a asistencia será de balde para as persoas socias.
Máis info e inscricións nos teléfonos: 625.980.691 / 981.75.85.45.