Este novo proxecto que lanza a entidade ten como finalidade o desenvolvemento de actividades lúdicas que favorezan a participación social, o benestar emocional e físico e a ocupación saudable do tempo libre dos adultos. Desta maneira, preténdese crear tecido social e fomentar a interacción entre iguais, prever a soidade non desexada creando espazos de encontro, fomentar a estimulación cognitiva e desenvolver a creatividade.
Entre as actividades e obradoiros que esta Escola ofrece encóntranse: o traballo da motricidade fina mediante a creación de pezas de coiro, trapillo ou crochet; o adestramento cognitivo e emocional, con obradoiros de memoria, de novas tecnoloxías e
sesións de risoterapia; o fomento do benestar físico, mediante a ximnasia de mantemento e fomento de vida saudable; e a promoción do turismo e da cultura, coa planificación dunha saída que permita coñecer o patrimonio cultural da contorna bergantiñá.
Proximamente a entidade proporcionará máis información sobre datas e horarios de cada unha das actividades e vías para poder anotarse e reservar prazas.
Máis info nos teléfonos: 625.980.691 / 981.75.85.45 ou no enderezo electrónico: afabercarballo@gmail.com