Este mes de maio Afaber pon fin ás actividades de envellecemento activo que levou a cabo durante o curso 2025-2026 en diferentes asociacións e concellos da Comarca de Bergantiños.
No Concello de Cabana, sendo as últimas sesións en Cesullas, o 21 de maio; en Anos e Nantón o 25 de maio; en Riobó e Borneiro, o 26 de maio; en O Esto o 28 de maio. Sendo a clausura xeral de todos os obradoiros organizada polo Concello o venres 29 ás 12:00h.
En Coristanco, a última sesión da Asociación de veciños de Santa María de Traba foi o luns 25 de maio.
En Carballo, as últimas sesións impartidas na entidade de Afaber foron o luns 25 de maio e o mércores 27; na Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo e na Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela da Brea, o venres 29 de maio.
Paralelamente, no Concello da Laracha, este xoves 28 terá lugar a última charla do Obradoiro de intelixencia emocional de Erboedo.
Por último, outras actividades internas da entidade como son a Escola de coidadoras/es e o Grupo de Apoio terán fin neste mes de maio e retomaranse á finalización do verán quedando á espera de nova información.
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de
teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.
0