Coa volta á rutina tras o descando do verán, Afaber vén de publicar o cartel dos obradoiros de memoria e estimulación cognitiva que se impartirán no local da entidade (ubicada en Lugar Mirón nº24, en Bértoa).
Este curso contará de novo con tres sesións semanais de 1 hora de duración cada unha delas, que se desenvolverán os luns en horario de mañá (11:30 a 12:30h) e os mércores en horario de tarde (16:00 a 17:00h e de 17:15 a 18:15h).
As prazas son LIMITADAS, e o custe será de 10€/mes para persoas SOCIAS e de 15€/mes para persoas NON SOCIAS.
Paralelamente, Afaber retomará neste mes de setembro os obradoiros de memoria impartidos na Asociación de Veciños Santa María de Traba (Coristanco) e na Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo (Carballo).
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.
0
