Alerta máxima por unha banda de encapuchados que perpetrou varios roubos na Costa da Morte e arredores

1 minutes read
Estado do cristal da cervexería atacada no Capelán, en Coristanco. _La Arboleda.

Unha vivenda en Santa Comba, dous negocios en Coristanco tamén en Arteixo e Culleredo, manteñen ás forzas e corpos de seguridade en alerta máxima para tratar de identificar a varios encapuchados que serían os responsables destes feitos acontecidos nos últimos días.

Catro encapuchados foron vistos baixando dun Volkswagen Polo de cor gris e con dúas mazas. Pasaban uns minutos das tres emedia da madrugada deste luns e romperon a cristaleira de acceso á cervexería La Arboleda ubicada no lugar de Capelán en Coristanco. Unha vez dentro forzaron a fechadura e en menos de tres minutos fuxiron coa caixa dunha máquina mentres soaban as alarmas e deixaban tras de sí numerosos danos materiais.

Os amigos do alleo tamén o intentaron na Panadería Roiser, pero os donos viven no primeiro piso e puxeron en alerta aos asaltantes que fuxiron sen chegar a entrar no local.

Unha vivenda da parroquia de Castriz, no municipio de Santa Comba, tamén foi obxecto dun roubo o pasado xoves, 5 de novembro. Os autores do roubo accederon ao interior da vivenda e revolveron practicamente toda a casa, rexistrando diferentes estancias da mesma e finalmente conseguiron levar varios efectos de valor.