O encaixe uniu mans, historias e xeracións en Vimianzo

1 minutes read

Máis de 700 palilleiras reuníronse este sábado en Vimianzo na XIX Xuntanza de Palilleiras, unha xornada de convivencia, intercambio e posta en valor dunha artesanía que forma parte da súa identidade.

A xuntanza contou coa participación da alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez, e Concelleiros da corporación vimiancesa, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, e Concelleiras así como da subdelegada do Goberno na Coruña, Encarna Rodríguez Barca.

Un encontro destas dimensións non sería posible sen o compromiso, a ilusión e o esforzo de todas as persoas que forman parte da Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo, que manteñen viva esta tradición, tecen redes entre colectivos e levan o nome de Vimianzo moi lonxe.

A organización espera poder festexar o vinte aniversario o próximo ano 2027. Neste sentido, xa se marca novos obxectivos: «Que veñan xeracións novas a participar. A maioría parten dous 50 anos», explicaba Mariví Mouzo, secretaria da entidade organizadora.