0
16 veciñas e veciños de Malpica decidiron dar o paso e perderlle o medo ás novas tecnoloxías.
Durante as próximas catro xornadas aprenderán, entre outras cousas, a manexarse mellor co móbil , tablet ou ordenador, pedir citas na app do Sergas, facer xestións coa banca dixital ou resolver pequenas tarefas que cada vez forman máis parte do noso día a día.
O curso, de 10 horas de duración, repartido en catro xornadas, está impartido por Cristina, da Fundación Amigos de Galicia, que será a encargada de acompañalos nesta aprendizaxe.
Ver as ganas, a ilusión e o interese co que comezaron este mércores é a mellor demostración de que aprender non entende de idades.