A vila da Xunqueira converteuse este domingo no punto de encontro da cultura, da arte e do emprendemento da Costa da Morte, porque como xa ven sendo habitual nestas datas, Stoupa celebrou o seu fin de ano particular, reunindo a mais de medio centenar de persoeiros vinculados á cultura costeira que están comprometidos co proxecto de visibilizar e poñer en valor o inmenso talento artístico dos autores da Costa da Morte.
O domingo a mediodía foron pasando pola sesión vermú de Stoupa, ademais de amigos e clientes da tenda, personaxes relacionados coa arte e a cultura, representantes de innovadoras empresas locais de produtos autóctonos e empresarios do sector turístico.
A celebración, como en anos anteriores, resultou moi animada porque non é moi habitual que podan saludarse e compartir as súas inquedanzas profesionais, artistas e creadores das mais variadas disciplinas: pintura, artesanía, escultura, literatura, fotografía, música ou moda.
Os invitados, antes de brindar para que no 2020 Stoupa poda seguir actuando como o epicentro da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte, desfrutaron da colección exposta na tenda-galeria, #Stoupido2019, que é unha exposición conxunta de sete artistas colaboradores de Stoupa, que invita aos que a visitan a que regalen neste Nadal, agasallos da terra, obras e produtos únicos, feitos na súa totalidade por autores vinculados a esta comarca. #Stoupidos2019 pode visitarse ata pasar a fin de semana de Reis, de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h.