0
Avanzan os traballos de instalación das catro novas pasarelas de madeira do paseo fluvial, unha actuación na que o Concello de Carballo inviste 254.370 euros para mellorar a seguridade e recuperar a continuidade dos itinerarios peonís.
«Seguimos coidando e mellorando un dos espazos máis emblemáticos e máis desfrutados pola veciñanza de Carballo», afirman desde o Concello.
Cabe lembrar que, ata que rematen os traballos, é necesario respectar a sinalización de obra.
