As Torres do Allo, en Baio, abrirán durante os fins de semana e festivos no outono e inverno

1 minutes read

O Concello de Zas vén de anunciar que As Torres do Allo manterán as súas portas abertas durante os meses de outono e inverno, unha vez rematada a época estival, para ofrecer ás persoas visitantes a posibilidade de coñecer este exclusivo elemento do patrimonio galego.

Segundo o alcalde, Manuel Muíño, trátase de prolongar a  actividade das Torres do Allo máis aló da tempada estival, “facilitando que tanto a veciñanza como as persoas que visiten a comarca durante o outono e o inverno poidan achegarse a este espazo patrimonial”.

Desde o vindeiro15 de setembro, o pazo poderá visitarse os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas, con entrada e actividades de balde.

Durante o novo horario de apertura, as persoas visitantes poderán participar nas visitas guiadas, que se ofrecerán ás 13:00 e ás 17:00 horas, permitindo coñecer de a historia, a arquitectura e os diferentes espazos deste monumento.

Ademais, manterase dispoñible durante todo o horario de apertura o xogo de pistas «O legado de Francisca, unha viaxe polo pazo», unha proposta que permite descubrir o monumento dun xeito diferente e adaptado a cada visitante.

A continuidade da apertura permitirá tamén seguir dando a coñecer o valor histórico e cultural das Torres do Allo e consolidar este enclave como un dos principais recursos patrimoniais e turísticos da comarca.