0
O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 17:30 horas deste venres. Segundo informou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, un particular contactara con eles logo de que aparecese un corpo no antigo estaleiro, na rúa da Mariña.
Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia compartíronse os datos co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e coa Garda Civil.
Os medios presentes no lugar indicaron que sacaran á persoa da auga, pois aparecera aboiada no mar, preto dunhas escaleiras, podería tratarse dun veciño da vila. Con todo nada puideron facer por salvarlle a vida.
A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer o suceso.
