Axober organiza en Laxe unha xornada sobre a Intelixencia Artificial aplicada á hostalería

1 minutes read

Axober -Asociación de Empresarios de Bergantiños -, en colaboración co Concello de Laxe, celebrará o vindeiro martes 26 de maio unha xornada centrada no uso da Intelixencia Artificial no sector hostaleiro.
O evento, que terá lugar no Museo do Mar de Laxe en horario de 11:00 a 13:00 horas, está dirixido a profesionais da hostalería interesados en coñocer novas ferramentas tecnolóxicas que permiten mellorar a competitividade e optimizar a xestión dos seus negocios.
Baixo o título “Transformación Dixital e IA no sector hostaleiro”, a xornada abordará as oportunidades que ofrece a intelixencia artificial na atención ao cliente, na automatización de procesos e na toma de decisións estratéxicas, nun contexto no que a innovación se presenta como clave para o futuro do sector.
Trátase dunha actividade de carácter gratuíto e cun enfoque eminentemente práctico, deseñada para achegar solucións reais e aplicables ao día a día dos establecementos hostaleiros.
Con esta iniciativa, Axober continúa impulsando accións formativas e divulgativas orientadas á modernización do tecido empresarial da comarca, promovendo a adopción de novas tecnoloxías e fomentando a competitividade das pequenas e medianas empresas.

Inscricións
Esta é unha actividade gratuíta e aberta a todas as persoas pertencentes ao sector hostaleiro que poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: https://axober.org/axenda/xornadaia-hostaleria-laxe/
O aforo é limitado.