Baíñas puxo o broche final a A Costa da Vida en Vimianzo

1 minutes read

A parroquia vimiancesa de Cereixo acollía o domingo 4 de outubro a primeira xornada de A Costa da Vida, nunha experiencia para compartir cultura, patrimonio, música e comunidade nun lugar tan especial da capital soneirá.

Trátase dun proxecto organizado por Culturactiva S. Coop. Galega, promovido polo Concello de Vimianzo e co apoio de O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Mes e medio despois Baíñas puxo este domingo 22 de novembro o broche final a esta iniciativa cunha nova xornada de música, baile e tradición coas Pandeireteiras de Baíñas e Tres Pesos nun mesmo escenario.

Desde o Concello de Vimianzo agradeceron a todas as persoas que os acompañaron nesta viaxe polas parroquias e, especialmente, ás asociacións, artistas e veciñanza pola súa implicación e colaboración, facendo posible que a cultura siga viva, tamén nas súas parroquias.