Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 85.000€ para a mellora de camiños en 3 parroquias de Coristanco

1 minutes read

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo visitou este mércores unha das actuacións de mellora executadas no concello de Coristanco dentro Plan Camiña 2025-2026 que contempla obras nos viarios de tres parroquias da localidade grazas ao apoio económico impulsado polo Goberno galego para reforzar as infraestruturas viarias no rural e mellorar a accesibilidade e a seguridade nas comunicacións locais, concretamente nas parroquias de Ferreira, Agualada e Castro.

A representante do Executivo autonómico destacou que a Xunta concedeu ao Concello unha subvención de máis de 85.000 euros, para a rehabilitación de viarios nestas zonas de uso frecuente polos veciños e fundamentais para a mobilidade diaria e o acceso a explotacións e fincas da zona.

A achega repartiuse en dúas anualidades, cun importe de máis de 41.000 euros no exercicio 2025 e de preto de 44.000 euros no ano 2026, no marco desta liña de axudas coa que a Xunta busca contribuír á conservación e modernización da rede viaria municipal nos concellos galegos. Ao abeiro destas achegas, o ano pasado, na convovatoria 2024/2025 este Concello tamén recibiu máis de 96.000 euros que lle permitiron actuar en camiños das parroquias de Xaviña, San Xusto, San Paio e Oca.