Berocasión arrincaba o pasado venres con chcoiva a súa edición número 21, pero con boas expectativas e volveu converter a zona do Rego da Balsa nun gran escaparate do motor, con 16 expositores e case 500 vehículos, reafirmando o peso dun sector clave para a economía de Carballo e de toda a comarca, cunha xornada dominical a tope de visitantes e de vendas.
As persoas que acudiron poideron coñecer unha ampla oferta de turismos, SUV e vehículos comerciais de diferentes gamas, prezos e características. Entre as propostas tamén haberá vehículos seminovos, de quilómetro cero, híbridos e eléctricos, todos eles revisados, con garantía e dispoñibles para entrega inmediata.
Cun resultado provisional de preto de noventa turismos vendidos a feira pechaba as súas portas con bos resultados e satisfacción no sector
O presidente de Axober, Diego Iglesias, destacaba que esta nova edición «reafirmaba o compromiso co sector da automoción, un dos piares económicos da comarca, e consolida Berocasión como un importante dinamizador económico, apostando polo comercio de proximidade e reunindo nun mesmo espazo as empresas da zona para facilitar o contacto directo coa clientela».
Como novidade, Berocasión incorporaba este ano dous sorteos destinados a incentivar as compras e a crear sinerxías entre a automoción e a hostalaría local.
Todas as persoas que adquiriron un vehículo nalgún dos 16 expositores participantes entraron no sorteo de 12 vales mensuais de combustible de 100 euros, cun valor total de 1.200 euros, que poderán ser utilizados na estación de servizo Shell As Labradas.
Ademais, as persoas que consumían nos establecementos hostaleiros adheridos recibiron papeletas para participar no sorteo dun vale de 100 euros para gastar na hostalaría local.
Os dous sorteos foron celebraranse este domingo 30 de agosto, ás 20.00 horas, coincidindo coa clausura da feira.
Noticia en ampliación.
