Brasil supera los 105.000 muertos por coronavirus

O presidente do Brasil, Jair Bolsonaro, defende a sua xestión da pandemia, malia que é o segundo páis máis afectado polo virus, despois dos Estados Unidos. Superou os 105.000 mortos e hai máis de 3 millóns douscentos mil contaxiados. O colapso dos camposantos obriga a improvisar tumbas en moitos lugares. Segundo o último boletín epidemiolóxico divulgado, os casos ascenden xa a 3.224.876 e confirman a aínda acelerada propagación da pandemia no país. Nunha sesión pública no Congreso brasileiro, o ministro interino de Saúde, Eduardo Pazuello, non descartou o uso da vacina rusa para o tratamento da COVID-19, pero considerou que as informacións dispoñibles sobre o antígeno aínda son «rasas».