Buscan un mozo desaparecido en Ordes


O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias acode a Ordes para colaborar coa Garda Civil na busca dun mozo que desapareceu este domingo en Ordes.

Chámase Santiago Manteiga López, e foi visto por última vez en Leira, cando regrasaba dunha cea de empresa.

Mide metro oitenta de estatura e é de complexión delgada. No momento da súa desaparición vestía pantalón vaqueiro, camiseta negra e suadoiro de cor morada.

A familia pide a quen teña información que contacte coa Garda Civil de Ordes.

O 112 Galicia tivo coñecemento este luns da falta do rapaz, segundo indicaron, estaba previsto que fose recollido pola súa irmá na entrada dun bar da parroquia ordense, pero alí nunca apareceu. Deste xeito, informaron da desaparición á Garda Civil para activar unha busca á que agora se suma o equipo dos drons da AXEGA. Tamén contan coa colaboración da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil, que comezaron a revisar pola zona do Brumeiral.