A Xunta de Galicia realizará o vindeiro martes, 14 de xullo, actuacións no centro de extensión de cobertura da TDT de Xaviña, dependente da cabeceira de Vimianzo TL06C. A actuación consistirá no apagamento da frecuencia de emisión das canles La 1 UHD, Clan e DKiss. Unha vez rematados os traballos, o centro de Xaviña pasará a emitir as seguintes canles:
• Canle 25: TVG, G2 e TVG UHD.
• Canle 28: Telecinco, Cuatro, FDF, Divinity e BeMad.
• Canle 30: DKiss, TEN, Real Madrid TV e unha nova canle.
• Canle 35: Squirrel, Squirrel 2, DMAX e Veo7.
• Canle 38: Antena 3, laSexta, Neox, Nova e Atreseries.
• Canle 45: Boing, Energy, Mega e Trece TV.
En caso de dúbidas, a veciñanza poderá confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura da TDT chamando ao teléfono 881 866 388 ou consultando www.tdtgalicia.gal.